
Tuve que dejar pasar una semana para poder hacer mi crónica de este sueño que se llama Marathón, creo así, que debo de hacerlo en gallego tal y como intenté demostrar ese fin de semana en Madrid: que soy gallego y que estoy orgulloso de serlo; gústame ser galego no resto de España y sentirme también español cuando estoy en Galicia...
"Luns 26 de abril de 2010. Dous raios de sol atravesan a miña habitación, gústame espertarme coa luz do día, gústame sentirme vivo unha e outra vez. Os raios trepan polos bordes da cama, polo edredón, polo meu escuro cabelo, polos meus brazos espidos, polas miñas pernas cansas e nese momento un pouco doidas...
Abro os ollos ante o cálido aloumiño dun novo día, o "Mechanical wonder" do meu espertador aínda non comezou a soar. Subo o edredón hasta que toque coa pel da miña cara, gústame esa sensación. Permanezo durante un tempo cos ollos pechados e as mans enriba da agora escasa barriga que adorna o meu corpo, sen moverme. De súpeto comenza a soar o xa nomeado "Mechanical wonder", móvome con desgana, esterrico o meu brazo esquerdo buscando o aparello do cal sae a melodía e tópome con unha pequena libreta aberta enriba da mesiña de noite...
Atopo o espertador e apagóo, poño atención o reproductor de radio que non se apaga na miña vida e neste momento está sintonizado nunha conversa a que decido non poñer atención, teño algo pendiente por facer...
Agarro a libreta e observo que ten escrita una serie de páxinas nas que pon: MAPOMA 2010... agora doume de conta de que isto non foi un soño. Gustaríame seguir escribindo a partir das 9:00 horas do día 25 de abril, momento no que comezou a carreira máis non o vou facer; non o vou facer porque sería imposible pola miña parte escribir todo o que vivin, todo o que disfrutei e todo o que sufrín xa non pra rematar con éxito os 42.195 metros senón os catro meses de preparación contínua...
Así que se queres saber todo ou facerte a idea convídote a sentarte o meu carón e degustando un chiculate quentiño ou unha cervexa ben fresquiña (a gusto do consumidor) poñas atención ao que pronuncien os meus beizos e te fixes nese brillo que van amosar os meus ollos cheos de ledicia; quizáis nese momento sepas ou consigas apreciar un 10% desa ledicia que fixo cambiar boa parte da miña vida...
Gracias a todos os que me axudaron día si e día tamén, a ese todos si que lle debo a vida, débolle o soños fermosos, moitas mañás, tardes ou noites de tertulias fumeantes, moitas horas de gozo, lembrazas e victorias persoais.
Gracias a quen me empuxou porque así puiden aprender como hai que avanzar cara un éxito digno, cara os soños posibles: sen fazañas escuras, sen estúpidas sobrevias, sen mentiras que rematan cobrando o seu imposto miserable. Se tivese a alguén o meu carón amosaríalle como se aprende a apretar os dentes por moito que algo lastime e a loitar cando o entorno te agobia.
Que aprenda a erguer a cabeza derrotada - que sempre é momentánea -, porque sen darte de conta descubriches que a verdade, a honradez, o traballo e o tesón son columnas da vida que ningunha tormenta poderá derribar namentres ti queiras. E chegará un día na que se perda unha batalla que se chame tempo - porque algún día a idade ou algunha lesión dirá definitivamente que esta vez non a poderás superar como outras tantas veces fixeches e que: basta xa -, pero con unha actitude positiva, con sorrisos inesgotables, con apertas cando vexo que se precisan e con contínuos ánimos para min e para os meus o único que tentei foi gañar a batalla do respeto e do corazón, o cariño que tentei que me collese a xente... o "honor" dun capitán (coma sempre me chama máis de un amigo)
E non falo nin de atletismo, nin de fútbol, nin de ningún tipo de deporte... neste momento falo da vida... GRACIAS"
Saludos y sonrisas
markÖs
http://www.corriendovoy.com/video.php?id=180&video=13363
No hay comentarios:
Publicar un comentario